“Un galego en Alentejo” Testemunho do Jose

O jovem galego Jose Donado está a fazer o seu Serviço Voluntário Europeu junto do GAIA Alentejo, em São Luís, desde o início de Novembro 2017. Apresentamos aqui o seu testemunho, que foi publicado no blog Odemira na Europa:

“Olá!

Son Jose, Galego dunha pequena cidade chamada Monforte de Lemos. Estudei Matemáticas en Santiago de Compostela, mais o último ano estiven a vivir na Polonia. Alí tiven experiencias moi distintas ó que estaba acostumado, xente, lugares, culturas.. todo era distinto ao que tiña na miña terra. Foi unha transición moi interesante para a miña vida e o meu crecemento persoal, e axudoume a percatarme de que realmente non coñecia o que tiña preto da miña casa. Por eso, decidín que quería ter unha experiencia relacionada co Portugal, que eu sempre considerei coma país irmao.

Estiven a barallar diferentes formas de coñecer ó país e á súa xente, mais cando encontrei esta oportunidade de SVE, sabía que estaba feita pra mín. Unha experiencia única, onde podo ter un contacto direto coa natureza, que cada vez está a ter un papel máis importante na miña vida, unha sensación de formar parte dunha comunidade, onde a xente está disposta sempre a axudar,e en definitiva de experimentar un estilo de vida diferente ao que estaba acostumado.

Por sorte, dende o primeiro día que cheguei sinto que as miñas expectativas non só foron cumplidas, senon que superadas. Chegamos a Saõ Luis un Luns á noite, e apenas unha hora máis tarde estabamos a cear con Ana e Sara, coordinadoras do noso proxecto,con catro artistas (Ana, Joaõ, Maya e Sergio), que están a construir os seus espazos creativos na nosa mesma casa, e máis os seus respectivos fillos. Con esta benvida, é imposible non sentirse coma na casa. Ademáis dende ese primeiro momento puiden sentir que non estaba con xente ”normal”, estaba rodeado de persoas que teñen alegría de vivir, que creen no que fan, e que saben distiguir as cousas que son importantes das cousas que non o son, cualidades moi perdidas nos tempos que están a correr.

Durante os vindeiros días estiven de recoñecemento, coñecín a moita xente que esta a desenrolar bonitos proxectos en Saõ Luis e nos seús alrededores, xente que ben é do propio Alentejo, ou xente que por un motivo ou outro descubriu o encanto deste lugar e quedou namorada. Tamén tiven a oportunidade de coñecer ó propio Alentejo, facendo algunhas camiñadas pola Rota Vicentina. E por suposto esta experiencia, como a maioria, é máis fermosa por ser compartida con outros voluntarios aos que tamen tiven a posibilidade coñecer e incluso de compartir bos e divertidos momentos, entre eles, o meu cumpreanos!!

En definitiva, teño a sensación de estar onde teño que estar e de estar rodeado de xente da que podo aprender moito en todos os ámbitos, é por eso que me atopo tan feliz no meu novo fogar :D.

Beijinhos!”

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s